Venres 8 de marzo
Ao longo desta semana, os departamentos de Servizos Sociais e de Cultura, percorreron todas as parroquias da nosa localidade para felicitar e agasallar ás nosas mulleres polo seu traballo e dedicación. Do mesmo xeito, aprobeitamos para fotografialas no seu entorno laboral ou doméstico co fin de expoñelas no Centro Cultural dende o venres 8 (Día Internacional da Muller) ao venres 15 de marzo. Agradecemos a colaboración de todas as participantes. A biblioteca municipal acolle, tamén, unha exposición sobre mulleres escritoras dende hoxe
ata o venres 15 de marzo.
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas