Deron a coñecer diversas propostas culturais e musicais do noso Concello
Un grupo dunha ducia de mozas e mozos de Ponteceso presentaron iniciativas relacionadas coa xuventude na VI Emax de Porto. Escenificaron un petisco de
As Noites do Prácido Luar cunha proposta teatral e musical e tamén deron a coñecer o Festival ConVdeValarés. Nun Stand habilitado pola organización repartiron folletos e compartiron experiencias con outras organizacións xuvenís galegas e portuguesas. Recibiron a visita do Director Xeral de Xuventude e de autoridades portuguesas.