Trataron temas como a construcción das travesías da Campara, Nemeño e Lestimoño
O alcalde reuníuse na Deputación co
deputado de obras, Bernardino Rama Seoane, na que falaron de futuros investimentos que Deputación e Concello van levar a cabo para mellorar as travesías da
Campara, Lestimoño e Nemeño, dentro do Plano de Travesías da Deputación.
Así mesmo, José Luis Fondo, solicitoulle a Seoane unha
visita do Presidente da Deputación Provincial a Ponteceso para a inaguración da travesía
entre Ponteceso e a Bouza, onde está o campo de fútbol municipal.