Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Alcalde reúnese co Delegado de innovación e industria

Falaron sobre a futura rede wimax municipal e a ampliación do polígono industrial

Logo WimaxJosé Luis Fondo, alcalde de Ponteceso, mantivo unha reunión con José Luis Barcia, delegado da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, para solicitar apoio na instalación da rede wimax, que o concello vai instalar en vindeiros meses no termo municipal.

A reunión transcorreu nun ambiente de cordialidade co compromiso de estudiar o apoio ó proxecto wimax do Concello, por parte da Consellaría de Innovación e industria.

Tamén falaron sobre a ampliación do polígono industrial. A Consellaría porase en contacto cos propietarios das parcelas do polígono industrial de Ponteceso, que aínda non edificaron, coa intención de que se lle comece a dar un uso ás mesmas, contemplando distintos formas para logralo.

Concello de Ponteceso