Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Melloras en Corme-Porto

O Concello está levando a cabo, esta semana, dúas obras en Corme-Porto

Vista de Corme-PortoO Concello de Ponteceso está levando a cabo, esta semana, obras de mellora en infraestructuras de Corme-Porto.

Concretamente, estase asfaltando o vial de acceso ó colexio de primaria nas "Forcadas". Este vial parte de Corme-Aldea e chega á Rúa do Cubeiro en Corme-Porto, ó carón do novo cemiterio. O importe destas obras é de 41.500 euros.

Por outra parte, o Concello está facendo un novo vial na Rúa da Agra, tamén na parroquia de Corme-Porto. O importe desta é de 52.492,54 euros.

As dúas obras están enmarcadas no plan de mellora de infraestructuras das nosas parroquias, e as obras están financiadas integramente polo Concello.

Concello de Ponteceso