Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A PRAIA DE NIÑÓNS CONTA DENDE HOXE CUNHA NOVA ZONA DE SOMBRA

O Concello de Ponteceso continúa coa súa política de mellora constante dos areais do municipio, tratando de facer deles uns espazos accesibles e cómodos para toda a poboación. Nesta liña, o goberno municipal vén de completar unha nova actuación na praia de Niñóns pensada precisamente para mellorar o benestar das persoas maiores e con algún tipo de discapacidade.

PONTECESO DESPEDIRÁ ESTA FIN DE SEMANA A SÚA CAMPAÑA DE COMERCIO CON TREN TURÍSTICO, INCHABLES, ACTUACIÓNS MUSICAIS E UN GRAN SORTEO

Ponteceso despedirá, esta fin de semana, a súa campaña de comercio. Farao cunha completa programación que incluirá tren turístico, inchables, animación infantil, polbeira, actuacións musicais e un gran sorteo de premios. O alcalde, José Manuel Mato, anima á veciñanza a sumarse á iniciativa “para poñer o peche a un programa co que buscabamos estimular o consumo no tecido comercial do municipio”.

O ALCALDE MÁRCASE "O RETO" DE ACADAR A CUARTA BANDEIRA AZUL DE PONTECESO PARA A PRAIA DE NIÑÓNS

Ponteceso converteuse hoxe no escenario no que se entregaron as 191 bandeiras azuis que ondearán, este ano, nas praias de toda Galicia. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, polo alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e pola secretaria xeral da Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor, Eva García González (ADEAC). No caso de Ponteceso, o recoñecemento recaeu nas praias de Balarés, A Ermida e O Osmo. Con todo, tal e como incidiu o rexedor durante a súa intervención, “continuaremos traballando para que a este listado se incorpore, proximamente, a de Niñóns”.

O CONCELLO INICIA A SÚA CAMPAÑA DE COMERCIO CUN CENTO DE NEGOCIOS ADHERIDOS E MÁIS DE 7.000 EUROS EN PREMIOS E AGASALLOS

O goberno local continúa reafirmando a súa aposta por impulsar a economía local. Trátase dun compromiso que o Concello materializará desde hoxe, luns 26 de maio, coa súa campaña de comercio. O alcalde, José Manuel Mato, presentou a iniciativa xunto a varios representantes dos negocios adheridos, aos que lles agradeceu a súa “implicación e esforzo”. O programa conta cun total de 96 establecementos participantes de todo o municipio e, ao longo da iniciativa, repartiranse máis de 7.000 euros en premios e agasallos á clientela.

PONTECESO PROMOVERÁ A CONCILIACIÓN DURANTE O VERÁN CO SEU PROGRAMA RESPIRA

O Concello promoverá a conciliación co lanzamento dunha nova edición do programa Respira. A iniciativa, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos, desenvolverase entre os meses de xullo e agosto en catro parroquias.

O CONCELLO E A XUNTA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA EXECUTAR UNHA SENDA PEONIL EN PAZOS

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, asinou, esta mañá, un convenio de colaboración coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, para a execución dunha senda peonil en Pazos. Trátase dunha intervención que o rexedor cualifica como "esencial para seguir reforzando a seguridade viaria na zona".

PONTECESO PRESENTA A 5ª EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR FARO RONCUDO

O Concello de Ponteceso anuncia a celebración da 5ª Carreira Popular Faro Roncundo, que terá lugar o vindeiro 27 de abril de 2025 en Corme. A proba, xa consolidada como un referente no calendario deportivo local, dará comezo ás 11:00 horas na Praza da Ribeira, á que os corredores e corredoras terán que percorrer os 6,2 quilómetros de ida e volta ata o faro. As inscricións están abertas ata o 23 de abril ás 23:59 horas a través da páxina web www.carreirasgalegas.com.

COMITÉ PARROQUIAL EN CORME-ALDEA

Este mércores, 12 de marzo, terá lugar unha asemblea parroquial no local social de Corme-Aldea.

Comezará ás 20:00 horas co obxectivo de fomentar a participación veciñal na xestión municipal, recollendo propostas e debatendo para acadar unha maior eficacia e transparencia.

Contaremos coa participación do alcalde, José Manuel Mato Martínez, e dos membros da corporación municipal.

O CONCELLO INSTALA MEDIO CENTO DE CONTEDORES CON SISTEMAS DE CHAVE EN PONTECESO E CORME

O Concello iniciou, esta mañá, a instalación de medio cento de contedores marróns con sistema de chave nas zonas urbanas de Ponteceso e Corme. En concreto, a colocación destes 47 elementos fíxose nas contornas do negocios pertencentes ao tecido hostaleiro, centros de ensinanza e nalgúns edificios de vivendas de ambas as zonas. En paralelo á implantación, xa foron entregadas as chaves coas que os residentes (no caso dos inmobles), responsables dos negocios, colexios e institutos poderán comezar a facer uso destes colectores, destinados a desbotar restos de comida.

PONTECESO DISPORÁ DE CONTADORES DIXITAIS PARA MELLORAR A EFICIENCIA E OPTIMIZAR A SUBMINISTRACIÓN DE AUGA

O Concello de Ponteceso vén de dar un importante paso cara á modernización e optimización do seu sistema de abastecemento de auga grazas á súa inclusión na primeira fase do Plan de dixitalización do ciclo integral da auga, unha iniciativa pioneira impulsada pola Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia.


 1  2

Concello de Ponteceso