CONCELLO DE PONTECESO
Concello :: Novas
A corporación municipal de Ponteceso aprobou na sesión plenaria celebrada este mércores, 4 de febreiro, o Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña correspondente ao presente exercicio, así como o POS Complementario, sumando un investimento total de 848.186,55 euros.
O Concello de Ponteceso iniciou esta semana as obras de mellora na rúa Voluntariado, en Corme Porto, unha actuación que permitirá renovar tanto a rede de saneamento de pluviais como o firme da vía, dando resposta ás necesidades detectadas nesta zona.
O Concello puxo o broche de ouro á súa Campaña de Comercio O Nadal chega a Ponteceso entre versos, luz e maxia coa entrega do gran premio desta edición: un lingote de ouro valorado en, aproximadamente, 1.500 euros. O alcalde, José Manuel Mato, felicitou á gañadora do galardón e destacou que se trata “dun premio á fidelidade e ao compromiso desta veciña de Ponteceso co tecido económico local”. Ante a excelente acollida da iniciativa tanto entre a veciñanza como entre os establecementos participantes, o rexedor anunciou que haberá novas convocatorias ao longo deste ano.
A nova Casa do Maior da Campara está a piques de ser unha realidade. Tanto é así, que o sábado, 24 de xaneiro, ás 11.30 horas terá lugar a xornada de portas abertas, un evento ao que asistirán o alcalde, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez. O rexedor subliña que será un día "importante para Ponteceso no que se dará un novo paso cara as políticas de benestar e envellecemento activo no concello".
O goberno local continúa avanzando na ampliación das zonas de estacionamento no núcleo urbano de Ponteceso. Neste contexto, o Concello iniciou as actuacións para habilitar unha nova área de aparcadoiro na avenida Anllóns, unha intervención orientada a mellorar a mobilidade e dar resposta á demanda existente nesta zona.
O Concello de Ponteceso pechará o luns, 5 de xaneiro, a súa campaña de comercio coa celebración do gran sorteo final.