Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Goberno local de Ponteceso está a traballar para avanzar nos investimentos da Deputación por 2.8 millóns de euros en Ponteceso.

O Alcalde de Ponteceso anunciou que continúa coas xestións administrativas para que a Deputación poida licitar investimentos da Deputación por 2.8 millóns de euros en Ponteceso. "As sendas de Lestimoño e a Ponte de Xavarido van ir moi pronto a Pleno da Deputación, despois de difíciles procesos de autorizacións sectoriais e as correspondentes expropiacións" pero o Alcalde pide a intervención da Conselleira de Medio Ambiente no bloqueo da autorización do aparcamento disuasorio de Balarés. "Dende Marzo non contestaron" queixouse o Alcalde.

A Ponte de Xavarido entre Langueirón e Corcoesto, as sendas de Ponteceso a Lestimoño e o aparcamento de Balarés suman case 3 millóns.

A Ponte de Xavarido sobre o río Anllóns suma máis de 1.6 millóns, as sendas de Lestimoño superan os 800.000€ e o aparcamento disuasorio e senda peonil de Balarés, máis de 400.000€.

A colaboración da Xunta de Galicia é esencial: Augas e Patrimonio avanzan pero Medio Ambiente leva dende marzo sen contestar a autorización de Balarés.

A colaboración da Xunta de Galicia é esencial: Augas e Patrimonio avanzan pero Medio Ambiente leva dende marzo sen contestar a autorización de Balarés. "Con Patrimonio e Medio Ambiente avanzamos, o inexplicable é que Medio Ambiente non conteste nada en 8 meses, son 400.000€ bloqueados no orzamento da, Deputación da Coruña que beneficiaban a unha área en crecemento anual de visitantes e interese turístico " lembrou o Alcalde.

Balarés acolleu este ano por primeira vez un campionato galego de Salvamento e Socorrismo, a gran travesía a nado de Abellariza Ponteceso e ven de finalizar un novo proxecto dinamizador do turismo con importante apoio do Galp Costa da Morte. Ademais de manter a bandeira azul, sumou este ano unha moto de auga de rescate acuático e o Concello de Ponteceso e a Deputación queren potenciar o coñecemento do seu pasado histórico, vencellado á mina de Titania e a Isidro Parga Pondal.

"Xosé Regueira como vicepresidente da Deputación está moi comprometido co desenvolvemento do potencial de Balarés polo seu valor natural e a histórico, sempre o destacamos" asegurou o Alcalde de Ponteceso.

Concello de Ponteceso