Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Os Reis Magos encherán Ponteceso de maxia e ilusión o día 5 de xaneiro.

Dende as 18.30 ata as 21.00 horas a Praza do Recheo converterase nunha gran festa

O Concello e Ponteceso xa ten todo preparado o día grande desde Nadal. O 5 de
xaneiro ás 18.00 horas partirá do Parque Empresarial de Tella a cabalgata que
percorrerá Ponteceso. Esta fermosa comitiva real finalizará a súa viaxe na Praza do
Recheo onde os nenos e nenas poderán entregarlle as súas cartas e contarlle os
desexos aos Reis Magos. Dende as 18.30 ata as 21.00 horas, na Praza do
Recheo, haberá unha gran festa chea de moita diversión con múltiples actividades
coma globoflexia, tatuaxes, música, fotomatón e una gran chocolatada
acompañada con deliciosos roscóns de reis. En caso de que as condicións
meteorolóxicas sexan adversas a festa trasladaríase ao pavillón de Ponteceso.

Concello de Ponteceso