Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Alcalde de Ponteceso agradece a colaboración dos sindicatos na negociación da estabilización

O Alcalde de Ponteceso quere agradecer enormemente a colaboración dos sindicatos Csif, Fsp-Uxt e Cig no acordo de bases xerais e específicas para a histórica estabilización de 32 postos de traballo no Concello de Ponteceso. "Estou moi satisfeito co clima construtivo de toda as achegas que fixeron os e as representante dos traballadores e traballadoras do Concello de Ponteceso" declarou o Alcalde.
As bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria e provisión das prazas incluídas na OPE extraordinaria de estabilización do emprego temporal 2022 do Concello de Ponteceso. publicáronse o 28 de decembro no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, 34 prazas por concurso e unha por concurso oposición.
"O persoal técnico superior traballou intensamente na elaboración das bases e todas as propostas sindicais que eran viables xuridicamente foron atendidas nun clima moi construtivo" segundo o Alcalde.

Concello de Ponteceso