Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso lanza o entroido XXIX baixo o lema "Amor ao Entroido de Ponteceso"

Os participantes optarán a premios que suman 3.000 euros en total

O Concello de Ponteceso presenta a XXIX edición do desfile de disfraces Ponte de Entroido, que volve á escena este ano na capital da localidade.
Será o domingo 19 deste mes e está pensado para que participen dende os máis cativos ata os maiores. En total repartiranse 3.000 euros en premios.
Partirá ás 17:00 horas da Praza do Recheo e finalizará no pavillón. En caso de chuvia, realizarase directamente no espazo interior. Media hora máis tarde será a quenda dos desfiles e das actuacións musicais e teatrais e, ás 19:00 DJ chegarán os inchables e a
animación, obsequios e degustación.
A festa continuará o martes 21 de febreiro no polideportivo de Corme co baile de disfraces.
Dende as 17:30 horas haberá inchables e fotomatón, ás 18.30, será a entrega de obsequios, o desfile, degustación
e a animación. Non é preciso anotarse.
Inscricións e categorías
Os interesados en participar nestes concursos poderán facelo nas categorías de comparsas ou carrozas. Será necesario a inscripción previa.

Para concursar en comparsas e carrozas é preciso apuntarse antes do día 17 de febreiro ás 12:00 no teléfono 630 90 71 24. As bases completas poden consultarse nesta web.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso