Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

o Concello de Ponteceso lanza a “Saída Cultural á Compostela das Mulleres”

Con motivo do Día Internacional da Muller o Concello de Ponteceso lanza a “Saída Cultural á Compostela das Mulleres”
O evento levarase a cabo o oito de marzo en horario de 9.30 a 20.00 horas, con saída da Praza do Recheo.
Todas aquelas mulleres de #Ponteceso, maiores de 18 anos, poderás inscribirse dende o 27 de febreiro ao 6 de marzo da seguinte maneira:
De 9.00 a 14.00 horas no Departamento de Educación Familiar ou telefonicamente no 881 983 223.
No correo electrónico dolores.blanco@ponteceso.gal, indicando: nome, apelidos, número de DNI e teléfono.
As prazas son limitadas (52), inclúe xantar e a actividade é de balde.

Concello de Ponteceso