Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso pon en marcha o programa Respira


Dentro do plan de apoio ás persoas empadroadas no Concello de Ponteceso, especialmente ás familias que acrediten a necesidade de conciliar, o concello pon en marcha o PROGRAMA RESPIRA cofinanciado pola Secretaría Xeral da Igualdade e destinado a facer efectivo o principio de conciliación da vida persoal, laboral e familiar.
Trátase de 4 campamentos que se levarán a cabo en Pazos, Ponteceso, A Campara e Corme.
No desenvolvemento das actividades empregarase unha metodoloxía lúdica, deportiva e educativa, incidindo sempre no fomento da igualdade entre homes e mulleres con actividades que rompan cos roles de xénero.
Este ano incorporase como mellora o incremento da idade que será para nenos e nenas escolarizados/as de entre os 3 e os 16 anos e incluirase tamén actividades semanales de inglés.
Contamos con 60 prazas e cubriranse tendo en conta o nivel de renta e as cargas familiares das persoas solicitantes, dándolle preferencia ás familias monoparentais, mulleres en desemprego de longa duración, vítimas de violencia de xénero, etc.
Os campamentos desenvolveranse durante os días laborables de xullo e agosto en horario de 09:30 a 13:30.
As familias interesadas en participar nesta actividade terán de plazo para inscribirse dende o día 12 ao 16 de xuño, incluídos, no departamento de educación familiar.
Mais información: 881 983 223

Concello de Ponteceso