INSTRUCIÓNS PARA SOLICITAR ACCESO Á SALA
ALTA, SÓ A PRIMEIRA VEZ.
De entre as persoas empadroadas, as persoas maiores de 60 anos, xubiladas, paradas, con minusvalía, e os mozos e mozas menores de 30 teñen acceso preferente á sala. Tamén os usuarios que teñen un familiar de ata segundo grao nas actividades culturais e deportivas, mentres se celebran estas. O resto dos usuarios, tamén poden acceder, incluso non empadroados.
Co sistema de apertura pódese reservar calquera día da semana, de 06.00 a 23.00 horas, incluído festivos. Antes das 23.00 horas hai que abandonar o edificio. Por iso, o horario de acceso non poderá ser nunca despois das 22.00 horas. Para poder abrir teñen que descargar a App Nearkey e, concedido o permiso – ten que consultar se lle chegou un correo - achegala ás 2 portas de acceso, a da rúa (fronte ao IES Eduardo Pondal) e a do soto (baixando as escaleiras). O departamento de Servizos Sociais xestiona estes accesos, en días laborables.
Para darse de ALTA no servizo, hai que enviar un correo ou acudir á oficina de servizos sociais, achegando foto dun folio co DNI visible enriba, asinado, aceptando as normas da sala, e os seguintes datos NOME, CORREO ELECTRÓNICO, NÚMERO WHATSAPP SE QUERES RECIBIR AVISOS, IDADE, empadroado/a SÍ ou NON, se es minusválido, se estás en paro, se tes un familiar matriculado nas actividades de cultura e deportes, e en que horario, ao correo: ssconcelloponteceso@gmail.com
SOLICITUDE DE ACCESO A #PONTEENFORMA2023
Se recibes un correo confirmando que estás de alta, debes instalar a aplicación NEARKEY e pedilo a ese mesmo correo electrónico, ou presencialmente no Concello de Ponteceso na administrativa de servizos sociais, acceso a un máximo de catro sesións na sa #Ponteenforma2023. Para iso envía un correo indicando o teu nome completo, o teu enderezo electrónico e os días e horas solicitados por orde de preferencia, pois dependendo da ocupación poden non concederse todos os solicitados.
As portas deben quedar sempre pechadas, e a chave electrónica é persoal e intransferible. Toda a actividade da sala e os accesos están permanentemente vixiados por cámara de seguridade, polo que é imprescindible seguir as normas.
Se teñen calquera dúbida chamen ao teléfono do Concello 981714000.
Como dixo o bardo de Ponteceso: “Boandanza e Saúde, no 2023”.
Descargar