Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Servizos Sociais :: Programa de educación familiar

Programa de educación familiar

¿Que é?




É un servizo municipal de prevención e apoio ás familias para favorecer o cumprimento das vosas necesidades, o benestar e a plena participación na comunidade.

¿Quen somos?




Somos educadores familiares especializados no traballo con familias, que formamos parte do equipo de servizos sociais do teu Concello.

Educadora familiar do Concello de Ponteceso:
María Dolores Blanco Verdía

¿A quen vai dirixido este servizo?




-A todas as familias
-A centros educativos, centros de saúde, outros servizos comunitarios...

¿Que facemos?




Orientamos e apoiamos ás familias:
Na educación dos vosos fillos/as, sobre como poñer límites e normas, como mellorar as relacións familiares, como resolver posibles conflitos, sobre recursos educativos e de apoio para a conciliación da vida laboral e familiar, etc.

Mediamos e acompañamos ás familias para que participen nos diferentes recursos do Concello.

Realizamos actividades grupais coas familias tratando temas como:
A promoción de hábitos saudables habilidades sociais e comunicativas, educación afectiva e emocional, gozo do tempo libre en familia, eduación en igualdade, etc.

¿Onde estamos?




Horarios:
De luns a xoves no Concello, primeiro andar, de 09.00h a 14.30h.
Os venres na Oficina Municipal en Corme, de 09.00h a 13.30h

Concello de Ponteceso