Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

C. P. Brisas do Mar :: Actualidade

Viaxe de Brisas do Mar a Corcubión

Viaxe realizada o pasado 21 de novembro de 2009

Actuación en CorcubiónBrisas do Mar participou no no I FESTIVAL DE CORAIS NERIA DA COSTA DA MORTE,onde interpretou tres cancións en compañía doutras cinco corais mais desta terra: Camariñas,
Muxía,Cánduas,Baio,Neria e Brisas do Mar.As cancións que nós interpretamos foron:A branca gaivota de Suso Méndez,Camino del Indio,popular arxentina e La Bamba,popular de Cuba.A pretensión dos organizadores deste evento é a de xunta-los esforzos das corais da Costa da Morte nun acto de fraternidade no que se intercambien os coñecementos e se espallen as características musicais peculiares de cada concello para enriquecer este aspecto da cultura deste territorio.Intentaremos adxuntar unhas poucas imaxes da noite do evento. Recordámosvos que o vindeiro día 6 de decembro , ás sete da tarde, actuaremos no Teatro Rosalía de Castro de Coruña.A entrada é libre (de gratis).Os que sexades de Coruña,asistide para aplaudir a rabiar.

Concello de Ponteceso