Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

C. P. Brisas do Mar :: Actualidade

Vindeiras actividades de Brisas do Mar

Por primeira vez dende a creación desta coral, e, debido ao mal que coinciden as datas, non celebraremos , con misas cantadas , nin o día de Santos , nin o día de Defuntos. Sentímolo moito.
2.-O que sí, celebraremos, como tódolos anos, será a festividade da nosa patroa , Santa Cecilia. Festexaremo-lo seu día, primeiro cunha misa cantada ás 11 da mañán do domingo , día 22 de novembro, e, mais tarde, con un bo xantar nun restaurante de Corme. Aproveitaremos esa misa para estrear dús novas cancións relixiosas: unha será "Ave María no morro",canción brasileira de Heriberto Martíns; e a outra será a "Salve rociera" da misa rociera. Espreitamos que gosten.
3.-Comentarvos que tamén nos presentamos ao Festival de Villancicos de Caixa Nova, que se celebrará en Coruña, no Teatro Rosalía Castro e en Vigo os días 6, 7 e 8 de decembro. As panxoliñas que levaremos serán: "Noel", "O Neno durmía e "Dime ,Niño, de quien eres".
4.-Por último, comentarvos que tamén estaremos no Festival de Nadal que tódolos anos organiza o concello de Ponteceso. Será o día 19 de decembro ; pero, como aínda non empezamos a preparalo, non sabemos que cancións levaremos.Felices festas a todos.

Concello de Ponteceso