Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Emprego :: Funcións

Funcións

Funcións axente de emprego




1. Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores.

2. Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre os desempregados, promotores e emprendedores, así como insitucións colaboradoras.

3. Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais para a súa consolidadación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a vibilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.

4. Apoio a promotores das empresas, unha vez constituidas éstas, acompañando técnicamente aos mesmos durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos axeitados para contribuir á boa marcha das empresas creadas.

Funcións orientación




1. Diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional da persoa demandante de emprego.

2. Deseño de itinerarios persoalizados para o emprego.

3. Acompañamento persoalizado no desenvolvemento do itinerario e cumprimento do compromiso de actividade.

4. Deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación laboral.

5. Asesoramento e axuda técnica para definición do currículo, aplicación das técnicas para a busca activa de emprego.

6. Información e asesoramento sobre a situación do mercado de traballo e as políticas activas de emprego que poidan resultar de utilidade ás persoas demandantes de emprego para incrementar as súas posibilidades de empregabilidade.

7. Optimizar a oferta formativa e os programas que faciliten a mobilidade para a formación e cualificación europeas.

Concello de Ponteceso