Probas Celga: continuación dos prazos de inscrición e adiamento dos exames
RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se continúa o prazo de presentación de solicitudes e se adía a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C).
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 28 de maio e o 16 de xuño de 2020.
Ao resultar imposible manter como data para presentarse ás probas o mes de maio e/ou xuño de 2020, tal como recollía a Resolución do 6 de marzo, a realización destas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no DOG e neste portal.
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0289/probas-celga-continuacion-dos-prazos-inscricion-adiamento-dos-ex