Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS
Facebook
YouTube

Novas

Aberto o prazo para solicitar as axudas do programa PEL Reactiva

As axudas poderanse solicitar a partir de mañá, mércores 11 de novembro, ata o próximo 25 de novembro de 2020

Aviso covid-19: unha persoa que traballa nas oficinas do Concello de Ponteceso dou positivo por covid-19

A Casa Consistorial permanecerá pechada ata novo aviso, atendendo de 9.00 a 14.00 horas por teléfono e a través da sede electrónica

Boa aceptación por parte dos habitantes de Ponteceso do novo sistema de reciclaxe e recollida de residuos urbanos especiais

Durante o 2020 recolléronse 14.610 quilos de aceite usado e informouse sobre os novos residuos especiais en domicilios particulares e comercios

Comeza a Semana Pondaliana cun concerto de Antía Muíño

O acto celebrarase o próximo luns 12 de outubro, ás 17.00 horas, na Fundación Eduardo Pondal

Nove ofertas presentadas na mesa de contratación do Concello de Ponteceso competirán para conseguir as dúas obras en licitación, con prezo de saída total de 264.487 euros

As obras forman parte do Plan Provincial de Obras e Servizos 2020, con importantes intervencións en Niñóns, Tella, Pazos e Langueirón

Os máis pequenos poden disfrutar de "Turisteando cos miúd@s"

Trátase dun xogo interactivo de balde para nenos e nenas de entre 3 e 9 anos

A partir do día 6 poden realizarse as inscricións das actividades para nenos e nenas

As actividades de inverno comezarán o próximo martes 13 de outubro

A partir do día 29 ás 9.00 horas pódense formalizar as inscricións para as actividades de adultos/as deste curso 2020/21

As actividades comezarán o próximo luns 5 de outubro, agás D'arte e tiro con arco, que se iniciarán o 16

Resolución da relación de fincas propostas para o proceso de expropiación con motivo do parque eólico

As persoas propietarias de fincas afectadas por dito proceso recibirán notificacións individuais sobre o levantamento das actas

A pista de pádel de Corme poderá empregarse a partir do próximo luns 28 de setembro

As solicitudes deberán formalizarse como se estaba facendo ata o momento, a través da sede electrónica

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca un curso de reciclaxe de socorrismo en instalacións acuáticas

O curso será válido para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Actualización dos datos de covid-19 no concello de Ponteceso

Recoméndase máxima precaución ante o aumento de casos

O Concello de Ponteceso pon en marcha un servizo de recollida e reciclaxe de residuos urbanos especiais

O servizo presentarase o próximo luns, 14 de setembro, e realizarase mediante o sistema ?porta a porta?

Actualización dos datos de covid-19 no concello de Ponteceso

O número de casos activos o xoves 10 de setembro en Ponteceso é de 29 (o dato do mércores era de 28)

Aumentan os casos de covid-19 no concello de Ponteceso

Actualmente, o municipio conta con 33 casos positivos confirmados

Actualización dos datos de covid-19 no concello de Ponteceso

Nas últimas horas confírmanse 4 positivos en Cores, 1 en Corme e 1 en Anllóns

Últimas prazas para inscribirse na Escola Infantil

Aínda quedan dispoñibles 4 prazas para bebés, 6 prazas para nenos/as de 1 a 2 años, e 4 prazas para nenos/as de 2 a 3 anos.

Corme terá unha multiárea de caravanas preto da praia da Arnela e o centro urbano

O Alcalde de Ponteceso e o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez González, asinaron onte un convenio entre Turismo de Galicia e o Concello de Ponteceso para construír unha multiárea de servizo para autocaravanas en Corme Porto. Turismo achegará 30.000 euros, o concello 18.345,19 euros máis a redacción e a dirección de obra do proxecto construtivo. A nova área situarase nun terreo cedido ao Concello, non lonxe da praia da Arnela e do pavillón municipal e pista de pádel. A nova área ten que estar rematada, pagada, e xustificado o convenio, o 15 de novembro de 2020. Ata sete autocaravanas van poder realizar o servizo a un tempo.
As 7 prazas para autocaravanas, 5 de 5,5x8,5 m. e 2 de 4x10 m. Para a execución destas prazas realizarase o movemento de terras para a creación das explanadas de aparcamento e un vial de 5,5 m. de anchura que de acceso a ditas prazas.
O pavimento do vial de acceso consistirá en 15 centímetros de grava, rega semiprofunda e 5 centímetros de aglomerado en quente e o pavimento das prazas terá 10 centímetros de zahorra e 12 centímetros de formigón en pavimento con mallazo de 20x20Ø8 mm. Este pavimento terá pendente cara a zona central da praza onde se instalará unha arqueta sumidoiro.
Instalaranse 6 estacións de servizo de augas que disporán de conexión a abastecemento (enchido dos depósitos), e saneamento para a evacuación das augas e grises e negras das autocaravanas. Para o servizo de abastecemento instalaranse 40 m de tubería de PE Ø63, 10A PE50A e 47,5 m tubería de PE Ø32, 10A PE50A de previa instalación de foxo. Ademais, valórase a colocación dunha válvula de comporta, coa arqueta asociada e 6 arquetas con chave de corte.
Para o servizo de saneamento instalaranse 92,5 m. de tubería de Ø200 mm de PVC SN-4 que conducirá as augas á rede xeral. Tamén se instalarán tres pozos de rexistro con tapa D 400, un deles para realizar a conexión a rede xeral. Os desvíos cara as prazas realizaranse con enlaces mediante toma enxerto.
A rede de pluviais executarase con 50 m de tubo de PP corrugado Ø315 mm SN-8 e 30 m. de de tubo de PP corrugado Ø250 mm SN-8 que conectarán cos sumidoiros das prazas. Tamén se instalará unha canaleta con reixa D 400 na conexión do vial de acceso coa Rúa Cubeiro - Completa a obra a reposición dos firmes nos cruce da estrada, a colocación dun sinal de STOP, 2 de sinais informativas de aparcadoiro de autocaravanas e pintado das liñas de bordo e simboloxía do vial de acceso.

Adxudicación de dúas vivendas sociais municipais situadas no edificio anexo ás escolas

O prazo para a presentación de solicitudes comeza mañá, mércores 5 de agosto

O proxecto ?Corme Pinta? decora os muros da localidade e enche as rúas de arte e cultura

A iniciativa, impulsada no verán deste 2020, nace co propósito de dinamizar a vida sociocultural da vila

Remata o primeiro mes dos campamentos Concilia

O programa continuará ao longo do mes de agosto

O Concello de Ponteceso aprobou onte dous contratos de 257.185,5 euros e un plan de obras de 264.487 euros, que sairá a concurso a vindeira semana

As obras, por un total de 530.000 euros, teñen como obxectivo atraer novos veciños aos núcleos rurais de Ponteceso, promocionar os lugares singulares como A Costa en Corme Aldea, e impulsar o centro residencial de Bardaio

O Concello de Ponteceso abre unha vía de solicitude de fibra óptica

Aquelas persoas que non dispoñan de fibra óptica e as compañías de telefonía non lla proporcionen poderá solicitala ao Concello

O Concello de Ponteceso lanza a primeira edición do concurso ?Ponte en fotos?

O certame de fotografía comeza hoxe, mércores 22 de xullo, e prolongarase ata o 14 de agosto

Nova normativa de obrigatoriedade das máscaras

O uso de máscara pasa a ser obrigatorio tamén en situación nas que se poida respectar a distancia de seguridade, salvo excepcións puntuais

Nova normativa de obrigatoriedade das máscaras

O uso de máscara pasa a ser obrigatorio tamén en situación nas que se poida respectar a distancia de seguridade, salvo excepcións puntuais

O libro ?O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños? presentarase o próximo sábado

No acto de presentación falarán os autores, membros do Instituto de Estudos Bergantiñáns

Suspendida a quinta edición da Feira Mariñeira Artesá de Corme

O evento, que ía celebrarse do 24 ao 26 de xullo, suspéndese finalmente a causa do covid-19

Un grupo de visitantes de varias zonas de Galicia percorreron a segunda etapa do Camiño dos Faros

Os visitantes desprazáronse desde Boiro, Catoira, Castro Caldelas e Caldas de Reis

O proxecto de ampliación do parque empresarial de Tella é do agrado dos técnicos de Sepes

O proxecto de ampliación de polígono ten o visto bo dos técnicos de Sepes e a súa aprobación é inminente

O Concello de Ponteceso impartiu hoxe un curso de RCP-DESA adaptado ao covid-19 para socorristas

O curso tivo un total de 8 asistentes e celebrouse no salón de plenos do concello de Ponteceso.

As bandeiras azuis xa ondean nas praias de Ponteceso

A Concelleira de Turismo levou a cabo hoxe o izado das bandeiras.

Mañá, xoves 9 de xullo, celebrarase unha reunión coas asociacións municipais

O obxectivo da reunión é tratar todos aqueles temas nos que os membros das asociacións teñan interese, especialmente a apertura dos locais sociais e o protocolo de actuación para a prevención do Covid-19.

O venres 10 de xullo comezan as clases da actividade "Capta a danza"

Aínda quedan prazas dispoñibles para aquelas persoas interesadas

Os gañadores do concurso de patrimonio recibirán o seu premio o próximo venres

Os cinco premiados foron seleccionados polo xurado por ser os que máis adiviñas sobre patrimonio do Concello de Ponteceso acertaron

Comezaron os campamentos de conciliación

O prazo de inscripción para as familias interesadas aínda está aberto

Comeza a iniciativa Camiñar na noite

Os 23 participantes seguiron en todo momento as normas de seguridade e prevención do COVID-19.

Comeza a iniciativa Camiñar na noite

Estes paseos comezarán hoxe, venres 3 de xullo, en horario de 22:30 horas a 01:00 horas, cunha duración aproximada de 6 km.

O Concello de Ponteceso aproba novas melloras nos camiños da localidade

Estas obras forman parte do proxecto de optimización das condicións de mobilidade no municipio.

O MELGA inicia a súa tempada de verán

O horario estival comezará o próximo mércores 1 de xullo e prolongarase ata o 15 de setembro.

Consulta aquí a programación do verán e inscríbete!

O prazo de inscrición estará aberto a partir do xoves 25, de 09:00 a 14:00 horas, con cita previa no Concello ou a través da sede electrónica

O Concello de Ponteceso abre un prazo de preinscrición para os campamentos estivais de conciliación

A Concellería de Servizos Sociais organizará a actividade en función do número de familias interesadas

Arrincan as obras de ampliación da vía do Campo dos Seixos ao Petón de Tella

O Concello de Ponteceso investirá máis de 200.000 euros, achegados pola Deputación da Coruña

Concello e Asociación de Empresarios unen forzas para potenciar e dinamizar o comercio local

Arrinca unha campaña en Facebook na que poderás gañar vales de compra por 100 e 50 euros

Este luns arrinca unha nova campaña de recollida a domicilio de aceites usados de cociña

Os envases deberán depositarse no exterior das vivendas, en lugares visibles e accesibles

O Concello de Ponteceso facilita un modelo de declaración responsable aos veciños que deban cumprir a obriga de xestión da biomasa

-O impreso pode descargarse nesta nova ou recollerse nas tendas e talleres agrícolas
-A Xunta ampliou ata o 16 de xullo o prazo para realizar os traballos de prevención dos incendios forestais

Comezou o reparto dun kit de protección composto por mascarilla, luvas e xel hidroalcoholico para todos os habitantes do concello

? O Concello de Ponteceso conta coa colaboración de Protección Civil e dun grupo de costureiras voluntarias que confeccionaron as mascarillas, lavables e reutilizables
? A distribución farase casa por casa ao longo dos vindeiros días

BANDO DO ALCALDE

Normas de obrigado cumprimento en establecementos públicos e venda ambulante

Ponteceso será unha das catro sedes galegas do programa da Universidade de Santiago ?A USC camiña?

? As xornadas de achegamento á universidade celebraranse os días 17 e 18 de marzo no polideportivo de Ponteceso
? O programa inclúe exposicións, mesas redondas, unha área de deportes e xogos, outra de obradoiros e investigación e 11 stands con información sobre titulacións e servizos da USC

A Subdelegación do Goberno e o Ministerio de Defensa implícanse co Concello de Ponteceso na organización do Bicentenario de Mourelle

Pilar López Rioboo, subdelegada do Goberno na Coruña, e Antonio Bernal, delegado de Defensa en Galicia, mantiveron un encontro con representantes municipais e do movemento cultural de Corme

Ponteceso pon en valor neste 8 de Marzo ás mulleres que se dedican ás artes

-Os actos arredor do Día Internacional da Muller, que comezarán ás 12.30 horas no Couto, estarán protagonizados por artistas da comarca de Bergantiños
-O Concello de Ponteceso, a Casa da Muller, a Fundación Eduardo Pondal e a Indicación Xeográfica Protexida ?Ternera Gallega? convidan á veciñanza a participar neste evento de acceso libre e de balde

O Concello de Ponteceso entregou á Asociación Española Contra o Cancro un cheque por valor de 2.493,24 ? coa recadación obtida no partido inaugural do novo campo do Pinguel

A concelleira de Deporte, Raquel Fondo, e o concelleiro de Asociacionismo, Salvador Eiroa, foron os encargados de dar o talón ás responsables da Xunta Local AECC de Cabana de Bergantiños

Ponteceso e Corme acollerán en marzo un obradoiro de reforzo da memoria para maiores

As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais e na Oficina Municipal de Corme

As patrullas de vixilancia ambiental da Policía Local de Ponteceso intensifican o control sobre os vertidos ilegais

Os axentes dispoñen dun novo vehículo adquirido a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta

Concursos, animación, doces e inchables para celebrar o Entroido en Ponteceso e Corme

-O prazo para participar no Desfile de Disfraces, que repartirá 3.000 ? en gratificacións, rematará o 21 de febreiro ás 12.00 horas

-Inscríbete tamén no I Concurso de Doces Entroideiros, no que haberá premios en tres categorías

O Concello de Ponteceso inviste 100.000 euros para crear un novo barrio de vivendas unifamiliares en Pazos de Arriba

O alcalde e os concelleiros Maite Chouciño e Miguel Ángel González supervisaron as obras que está a acometer a empresa Barnacle Obras y Servicios S.L.

Asinado coa empresa Construcciones López Cao o contrato para a ampliación da vía do Campo dos Seixos ao Petón de Tella

O Concello de Ponteceso investirá máis de 200.000 euros, achegados pola Deputación da Coruña

A vía pública de Corme que o Concello de Ponteceso pretende recuperar para uso comunitario aparece como tal no PXOM aprobado polo PP no ano 2015 e no Catastro

O expediente de reposición da legalidade inclúe a demolición, unicamente, do muro e do portal que pechan o acceso ao camiño público

Corme convértese nun referente deportivo coa posta en marcha da primeira pista de pádel pública da contorna

Consulta aquí o regulamento provisional e desfruta das novas instalacións

O goberno municipal presenta unha proposta para declarar o 2020 Ano Internacional de Mourelle

-O 24 de maio conmemorarase o 200º aniversario do pasamento do ilustre cormelán

-Onte celebrouse unha primeira toma de contacto co movemento asociativo para preparar a organización dos actos

Ponteceso e Cabana poñen en marcha a segunda edición do proxecto de cooperativismo organizado pola Unión de Cooperativas Galegas

-Trátase dunha nova acción formativa gratuíta incluída no programa de actuación 2020 da Rede Eusumo

-O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 20 de xaneiro ata o 5 de febreiro

Os Ratos de Lonxedetodo visitarán a Biblioteca Municipal de Ponteceso o último venres de cada mes ata fin de curso

Con esta iniciativa, dirixida a nenos/as de 3 a 8 anos, o departamento de Maite Chouciño pretende fomentar o hábito da lectura entre a cativada

Concello de Ponteceso