Aquí tes o programa de actividades
Xa está aquí o Nadal, e o Concello de Ponteceso proponche desfrutalo en familia cunha chea de actividades que arrincan xa esta fin de semana e prolongaranse ata despois de Reis.
Do 17 de decembro ao 7 de xaneiro a Concellería de Turismo traeranos a Ponteceso un
Poboado Navideño que acollerá
obradoiros para os máis pequenos, e ademais poderán pasear nun
tren infantil chulísimo. E en Corme gozaremos a partir do 22 dun amplo programa que inclúe
talleres para nenos, andainas guiadas por Suso Lista e
presentacións literarias. Podes descargar o programa completo máis abaixo.
Ademais, dende a Concellería de Servizos Sociais prográmanse dúas sesións de
baile para os maiores, unha este domingo en Ponteceso co Dúo Sintonía e outra o 22 en Corme co Dúo Triada.
Despois de levar ao
Apalpador aos coles, dende a área de Educación tamén se está a colaborar noutras actividades cos centros educativos.
E dende Cultura temos previstas tamén moitas actividades para os peques que empezarán este luns con
concertos didácticos nos coles e a
actuación da Escola Municipal de Teatro. O día 21 celebraremos o tradicional
Certame de Nadal das Corais Polifónicas coa participación de todas as agrupacións do Concello, e ademais teremos
cine o 26 en Corme e o 27 en Ponteceso.
Ademais, a partir do 21 de decembro poderemos visitar no Museo da Arte Contemporánea da Costa da Morte, en Corme, a
exposición de escultura do artista local Santi Collazo, nunha iniciativa conxunta da Concellaría de Cultura e Ponteceso Cultura Permanente.
Unha das grandes citas do Nadal será a
cabalgata de Reis o 5 de xaneiro, organizada polas áreas de Cultura e Turismo. Sairá ás 17.00 horas do parque empresarial de Tella e despois dun percorrido pola parroquia chegará a Ponteceso sobre as 18.30 para que nenos e grandes poidan desfrutar dunha tarde de ilusión.
En definitiva, unha proposta que non podes perder!
Descargas asociadas