Teatro na rúa
16 de xulloDentro do programa de actividades de verán 2010, o Concello de Ponteceso organiza unha sesión de teatro na rúa. Praza do Relleno en Ponteceso ás 20.00h.
Campus de fútbol Costa Bergantiñá
12-13-14-15-16 de xulloIDADES: nacidos entre o 2003 e 1996
HORARIO: de 10 a 14h
BUS: Recóllenos no Relleno ás 9:30h e deixanos de volta ás 13:45h.
LUGAR: Campo de Fútbol de Laxe
COTA: 25 euros
PRAZAS: 20. Preferencia para os/as empadroados/as no concello.
INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición comeza o martes 22 de xuño ata o mércores 30 de xuño ás 13h, ou ata que se esgoten as prazas.
Cúbrense por orden de inscrición
ACTIVIDADES:
Técnica-Táctica Entrenamento porteiros
Competición interna
Equipación e balón para
cada participante.
Bocadillo e auga cada día
Campamento Costa Bergantiñá
Do 5 ao 9 de xulloIDADES: nacidos entre o 2003-1996
HORARIO: de 10 a 14h
COTA: 20 euros
PRAZAS: 20. Preferencia para os/as
empadroados/as no concello.
INSCRICIÓNS: dende o martes 22 ata o mércores 30 de xuño ás 13:00h., ou ata que se esgoten as prazas.
Cúbrense por orden de inscrición.
ACTIVIDADES:
Deportes na praia, Piscina, Orientación e sendeirismo, Camiseta a cada participante, Bocadillo e auga diarios...
Curso de estimulación cognitiva
Luns e mércores de maio e xuñoCurso de estimulación cognitiva e conductal para persoas maiores. Terá lugar na Casa do Concello en Ponteceso os días: luns e mércores de maio e xuño, de 16.00h a 18.00h. Para máis información contacten co Departamento de Servizos Sociais, na casa do concello ou no teléfono 981 714 000 (extensión 3).
Contacto
Homenaxe a Cándido Rodríguez Campaña
6 de xuñoO Concello de Ponteceso organiza unha homenaxe a Cándido Rodriguez Campaña (Don Cándido) na parroquia de Cores, onde exerceu párroco. O Concello entregará o I Premio "Cándido Rodríguez Campaña" para recoñecer a labor a prol de conservar o patrimonio material e inmaterial do noso Concello.
Programa de actos:?11:45 horas
1.Actuación do grupo de gaitas ?A Coteleira de Cores?
2.Lectura de 2 poesías adicadas a Don Cándido por Matilde Castro e Victoria Cousillas.
3.Ofrenda Floral.
4.Actuación do grupo de gaitas
?12:00 horas- Misa na honra de D. Cándido cantada pola ?Coral San Martiño de Cores?
?12:45 horas. Remate da misa. Dentro da Igrexa.
1.Presentación do Premio "Cándido Rodriguez Camapaña"
2.Charla sobre D. Cándido a cargo de Luís Giadas, con proxección das imaxes.
3.Charla de Xurxo Alfeirán Chouciño sobre o Inventario Etnográfico das parroquias de Cores e Xornes.
4.Charla do alcalde e entrega do premio.
5.Despedida do acto
Clausura das escolas deportivas
4 de xuñoPeche do curso das Escolas deportivas municipais. Será
ás cinco e media da tarde no Pavillón Municipal
en Ponteceso. Haberá exhibicións deportivas das escolas, obradoiros de globoflexia, inchables, futbolíns, etc.
Descargas asociadas
Xogos populares en Ponteceso
9 de maioCoincidindo coa festividade da Divina Pastora en Ponteceso, o Concello organiza no pavillón municipal unha tarde de xogos populares, a partires das seis.
Ruta de sendeirismo
24 de abrilO Concello de Ponteceso organiza un roteiro de sendeirismo por Corme e Corme-Aldea dentro do programa de roteiros "Ponte a pé".
Consulte información e horarios.
Contacto
Animación á lectura en Corme
22 de abrilOs/as nenos/as de idades comprendidas entre os 4 e 7 anos poderán acercarse á Aula Municipal de Informática de Corme para participar neste obradoiro. O horario da sesión será de 17:30 a 18:30 h., e nela poderán ler, interpretar e xogar ao redor da lectura.
Contacontos na gardería infantil
21 de abrilAcompañía de teatro de títeres Titirimaña representará na Escola infantil Galiña Azul de Ponteceso a obra ?Pequetecontas?, na que os máis cativos, ao redor duns corenta,gozarán dunhas historias e duns contos moi divertidos e vistosos. A actuación será ás 11:30 horas.