Xornada adicada a Ponte na Fala
11 de outubroO Concello dará a coñecer o proxecto no outono pondaliano o vindeiro martes 16 de outubro. O xoves 11 de outubro adicaremos unha xornada ao proxecto, no Centro Cultural, cun obradoiro de arrolos para o alumnado da escola infantil durante a mañá. Á tarde, o escritor Antonio Reigosa, presentará algunhas das distintas intervencións literarias presentes no proxecto.
Descargas asociadas
Comezo de inscrición
3 de outubroA inscrición para as actividades de ximnasia de mantemento, ximnasia terapéutica e aeróbic, comezará a facerse
o 3 de outubro no Concello e Oficina Municipal en Corme.
Filme sobre o Alzheimer
28 de setembroO fillo da noiva. Na Biblioteca Municipal ás 16.30h. Para dar a coñecer a enfermidade e as súas consecuencias sociais. Entrada de balde.
Partido Depor-Sevilla
24 de setembroSe tés entre 6 e 18 anos, e queres asistir ao partido, podes inscribirte gratuítamente no Concello e Oficina Municipal en Corme. Sairemos ás 19.30h de Corme, fronte a igrexa, e Ponteceso, da Praza do Relleno.
Formación para coidadores
17 e 18 de setembroA Unidade de Coordinación de Dependencia organizará, en colaboración co Concello de Ponteceso, unhas
xornadas formativas no Centro Cultural, dirixidas a
coidadores non profesionais do sistema de dependencia. Cabe a posibilidade de asistir, a pesares de non ser coidador,
sempre que non se cubran as 25 prazas ofertadas. Máis información no Departamento de Servizos Sociais, 981 714 000 ext.3
Exposición: Galicia, conservando a natureza
Do 27 ao 31 agostoA Biblioteca Municipal acolle esta exposición que poderá visitarse de
09.00h a 14.00h nos días sinalados. Ademáis,
o luns 27 de agosto, organizamos un obradoiro explicativo para un grupo de nenos de entre 4 a 6 anos, dende as 10.30h ás 11.30h.
Teatro na rúa
28 de agostoPeter Punk co seu Neno imperdible. Na Praza da Riveira en Corme ás 20.00h.
Proxección de Vilamor
22 de agostoCorme acolle a proxección do filme galego
Vilamor. Será na Praza da Riveira ás 22.00h.
Ruta cicloturística
12 de agostoEn Corme. Saída do muelle ás 11.00h.
Velada musical
10 de agostoDentro das actividades culturais de verán, chega a Corme unha noite de boleros, temas de musicais e jazz. A partires das 22.00h da man de Ensamble IULIUS XIII.